jueves, 7 de febrero de 2013

Que sabemos do entroido?

Por que se celebra o entroido? Desde cando?

   Estas son preguntas que, se non as fixeches algunha vez, debe ser porque non tes curiosidade. Porén, é necesario e moi interesante coñecer a orixe das tradicións culturais, sobre todo cando estas son tan fortes, pois neste caso estamos a falar dunha tradición de moitos séculos.
   Tal vez saber a orixe das palabras axude un pouco:
As orixes das palabras que denominan a esta festa son: o termo "Carne Vale" (é dicir "o adeus á carne"), do que despois derivou a palabra "Carnaval"; ó termo "Introitum" (que significa "a entrada á Coresma!) do que vén a palabra "Entroido" ou "Antroido".
   O caso é que o entroido celébrase en moitos lugares, desde Nova Orleáns até Venecia, pasando por Brasil. Agora, pensa:
   En que se parecen as festas do entroido de todo o mundo? Nesta resposta debe estar a clave de todo, o seu significado

   Aínda así, sábese que non se celebra do mesmo xeito en todas partes. Cales son as diferenzas? Evidentemente, estas diferenzas terán moito a ver coas características e a historia dos lugares onde se celebra. Até dentro das tradicións do carnaval en Galicia hainas. Cuais coñeces? ¿Como celebras ti o entroido?

Nesta páxina podemos encontrar a historia do entroido.

Así lembrábao o escritor Carlos Casares.

Traje carnaval villanueva

No hay comentarios:

Publicar un comentario

¿Quieres dar tu opinión?